Saltar ao contido

Millepora exaesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Véxase tamén: Millepora.
Millepora exaesa

Colonia de Millepora exaesa na illa da Reunión
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Orde: Anthoathecata
Suborde: Capitata
Familia: Milleporidae
Xénero: Millepora
Especie: M. exaesa
Nome binomial
Millepora exaesa
Forsskål, 1775
Sinonimia
Véxase o texto

Millepora exaesa é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1775 polo naturalista, explorador e orientalista sueco Peter Forsskål,[2] un dos chamados dezasete apóstolos de Linneo.[3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo protónimo que lle impuxo Forsskål, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Millepora alcicornis nodosa Esper, 1790
  • Millepora exaesa var. incrustans Klunzinger, 1879
  • Millepora gonagra Milne Edwards, 1860
  • Millepora nodosa Esper, 1790
  • Millepora tuberculosa Milne Edwards, 1857
  • Millepora tuberosa Boschma, 1966

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Millepora exaesa vive nas costas de mares tropicais asociado aos arrecifes coralinos, a profundidades desde os 3 aos 15 m.[4] É común en hábitats de arrecifes pouco profundos, en zonas costerias de augas turbias e en augas despexadas en mar aberto. É unha especie coñecida por tolerar a sedimentación.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta especie está moi estendida na rexión Indo-Pacífica. Encóntrase nas costas do mar Vermello até preto de Madagascar, e no sueste asiático, incluído o sur do Xapón, Australia, até a Micronesia e a Samoa Americana. No Pacífico oriental, encótrase no atol de Clipperton.[5]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Como case todos os membros da orde dos antoatecados é un hidrozoo colonial. O cigoto convértese nunha larva plánula dentro do gonóforo e logo se libera como unha larva actínula que, tras a metamorfose, dá lugar a un pólipo que se asenta no substrato.[6]

M. exaesa parcialmente branquexada en Guam

Millepora exaesa é susceptíbel ao branquexamento, aínda que menos que as súas conxéneres M. dichotoma ou M. platyphylla. É un dos primeiros falsos corais duros en branquexarse, pero é resistente, e pode recuperarse despois do branquexamento.[1]

En 2005 exportáronse 50 espécimes de M. exaesa vivos para o comercio de acuarios.[1]

En xeral, a principal amenaza para este coral é o cambio climático global, en particular, as temperaturas extremas que conducen ao branquexamento e a unha maior susceptibilidade ás enfermidades. As enfermedides dos corais converteuse nunha grave ameaza para os arrecifes de coral en todo o mundo, e é unha das principais causas da deterioración dos arrecifes.[7]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A amenaza coñecida máis importante para esta especie é a redución extensa do hábitat dos arrecifes de coral debido a unha combinación de ameazas. Descoñécese as tendencia específica da súa poboación, pero esta redución pode inferirse da perda estimada do hábitat. A especie está moi estendida e é común en toda a súa área de distribución, e aínda que é susceptíbel ao branquexamento, recupérase rapidamente e, polo tanto, é probábel que sexa máis resistente á perda do hábitat e á degradación dos arrecifes debido a un suposto gran tamaño de poboación efectiva. Polo tanto, a perda de hábitat estimada do 21 % dos arrecifes xa destruídos dentro da súa na etapa crítica de degradación.[8]

Trndo en conta todo isto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o staus da especie como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Obura, D., Fenner, D., Hoeksema, B., DeVantier, L. & Sheppard, C. (2014): Millepora exaesa na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 1 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Millepora exaesa Forsskål, 1775 no WoRMS. Consultada o 1 de setembro de 2020.
  3. Vermeulen, Han F. ed., (2007): The Linnaeus Apostles – Global Science and Adventure. Múnic, Alemaña: IK Foundation & Co Ltd. ISBN 978-1-9041-4526-4.
  4. Ross & Hodgson 1981.
  5. Glynn, P. W. (1997): "Eastern Pacific reef coral biogeography and faunal flux: Durham’s dilemma revisited". Proc. 8th Int. Coral Reef Symposium 1: 371-378.
  6. Ruppert, E. E., R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Brooks/Cole, Thomson Learning learning, Inc ISBN 978-0-0302-5982-1.
  7. Willis, B.; Page, C. & Dinsdale, E. (2004): "Coral disease on the Great Barrier Reef", pp. 69-104, en: E. Rosenber & Y. Loya (eds.) Coral Health and Disease. Berlín / Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6.
  8. Wilkinson 2004.

Véexase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0.
  • Ross, M. A. & G. Hodgson (1981): "A quantitative study of hermatypic coral diversity and zonation at Apo Reef, Mindiro, Philippines". Proceedings of the Fourth International Coral Reef Syposium, Manila 2: 281-291.
  • Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3.
  • Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2.
  • Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
  • Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science.
  • Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]